Coroavirus (versión galega)

Había unha vez nun país moi, moi próximo, un virus que era coñecido co nome de Coroavirus. Este virus, como todo o mundo que se pon unha coroa no nome ou na cabeza, quería conquistar todo o mundo e, como non tiña pernas, a única maneira que tiña de facelo era ir saltando de persoa en persoa. Viñeron os homes e as mulleres máis fortes (ou mellor dito, as mulleres e os homes que se crían os máis fortes) de todo o mundo, mais ninguén foi capaz de gañar ao virus, xa que este era tan pequeno que sempre sabía como esquivar os golpes.

-E se é tan pequeno, como o podemos gañar? – comezou a preguntarse todo o mundo.
-Moi fácil! dixo un meniño que pasaba por alí (un meniño, que é todos os meniños, e que neste conto simboliza o sentido común, unha característica humana que con frecuencia imos perdendo a medida que nos facemos grandes, igual que a capacidade de ver o elefante dentro da boa do “Principiño”).
-Se non ten pernas – seguiu o meniño – nós somos as súas pernas. Se ficamos todo o tempo que poidamos na casa, non poderá seguir avanzando, e vencerémolo sen loitar, que é a maneira como se gañan as batallas máis importantes da vida – dixo o meniño, deixando a todo o mundo abraiado.

E así foi como todos os meniños ficaron dúas semanas na casa, e como os adultos aprendemos un pouco de sentido común dos meniños. Así foi como todo o mundo tivo tempo de volver a ler “O Principiño”, e entendelo. E así foi como entendemos que as vitorias de verdade gáñanse cunhas armas que son invisíbeis aos ollos.

Ilustración:   Giroillustrator   https://www.artstation.com/giroillustrator
Narración: Victoria Magdalena López

 

Ver todas las traducciones del “Cuento del Coronavirus”

Ir a Página de Inicio

Deixa un comentari

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

Esteu comentant fent servir el compte WordPress.com. Log Out /  Canvia )

Google photo

Esteu comentant fent servir el compte Google. Log Out /  Canvia )

Twitter picture

Esteu comentant fent servir el compte Twitter. Log Out /  Canvia )

Facebook photo

Esteu comentant fent servir el compte Facebook. Log Out /  Canvia )

S'està connectant a %s

Aquest lloc utilitza Akismet per reduir els comentaris brossa. Apreneu com es processen les dades dels comentaris.